Blogia
Andresadas

Humor

Non collas o teléfono Gayoso...

Clica aquí para descargar este desternillante audio

Xose Ramón Gayoso dende a Televisión de Galicia no Luar... Se alguén chama o teu teléfono... e di iso... Ti que contestarías? Eu non che sei, pero coido que nalgures alguén contestoulle de maneira máis que orixinal... E ademáis sen andar con rodeos... Se é que non se pode chamar a esas horas da noite teclando no aparello... O Luar debería ser máis cedo para que non pasaran esta clase de "incidentes"...

 

Berlusconi... Fuches a Opening?

Berlusconi... Fuches a Opening?

Descarga o vídeo no que Berlusconi fala de todo salvo inglés...

Se é que para ir ós States hai que ter unhas nocións de inglés... Non podes lamberlle o cú a Bush sen saber o seu idioma, aínda que moitos facíano igual no seu (véxase caso Aznar). United States, segundo Berlusconi é a flage da democrasi et pis... que vén intentando dicir que é a bandeira da democracia e da paz... Ai, ai, ai... Berlu, Berlu... Da seguinte, fíchante para o Mentireiro, Verdadeiro de Piñeiro... Aínda por riba de ternos Telecinco, non lle fas ben a pelota a Bush...

 

Enrique Iglesias descúbrese como cantante

Enrique Iglesias descúbrese como cantante

Descarga este simpático vídeo do programa de Telecinco El Informal

Recordades a grabación difundida por Internet, na que Enrique Iglesias desafinaba de maneira espantosa? Pois aquí, dende Andresinho, poderes baixar o simpático e tronchante vídeo do programa El Informal no que afonda e ridiculiza aínda máis do que xa fixo o cantante el só... Baixade e a Olainíiiiii sin wen de riber di vai... Ou algo así di...

O rap de Aznar compite co de Fraga

O rap de Aznar compite co de Fraga

Descarga aquí este simpático audio

A continuación introduzco para todos vós, unha peza musical inighualable... O debut de Aznar como rapeiro! Además do coñecido rap do condón de Fraga, que podedes atopar nesta páxina, na sección de humor, Andresinho colga para todos vós esta canción inédita, que resume en dous minutos as grandes palabras que o noso EXPRESIDENTE dixo durante nada máis e nada menos que oito anos... Menos mal que as resumiron nunha canción, porque en realidade tiñan para facer todo un disco...

Aznar, todo un mestre...

Aznar CentroMan

 

Descarga este desternillante audio...

Aquí tedes o incrible audio no que o noso expresidente lle "contesta" unha pregunta a un alumno en Georgetown... Ó parecer, Jose María Aznar está a dar clases nesta universidade dos Estados Unidos de Política Internacional... Cal será o seu programa? Cales serán os traballos que mandará ós alumnos? Que apuntes dará na clase?... Sen máis descargade este audio e deixade as vosas valiosas opinións...

Anti, anti, anti... spot nike...

Anti, anti, anti... spot nike...

Aquí tedes este simpático "spot" contra nike... Descargádeo sen dudalo

Lembrades aquel spot no que xogadores de baloncesto facían virguerías de todo tipo co balón cunha sonido de zapatillas deportivas chirriando contra o chan??? Supoño que si... Pois este é o antispot dese anuncio da compañía Nike... Estes xogadores fan de todo salvo virguerías co balón, e iso... se o dan collido... vamos a ver, baíxannos á terra a todos os que non damos feito o mesmo cos deportistas... Este vídeo, vén, coma de costume, por cortesía de El Rellano... Por certo, para máis inri... o spot está feito pola propia compañía... Parece ser que os explotadores, tamén teñen sentido do humor...

Quiere hacer ahora el puñetero favor de largarse de una vez?

Quiere hacer ahora el puñetero favor de largarse de una vez?

Aquí tedes ó EXPRESIDENTE alteradísimo, non se sabe moi ben porqué... Descarga!

Un cámara de Antena 3 arriscou o seu pescozo dando á luz a través de Internet, un vídeo no que Don Manuel acaba moi furioso co seu asesor de imaxe... O daquela presidente tiña mal a chaqueta e iso podía perxudica-lo de maneira moi grave... Nin sorriso de Jack Nickholson, nin destello na calva do Photoshop... O presidente chégalle con quedar mal diante de todo o país... Andresinho ofrécevos este vídeo... Ademais desta páxina, podédelo atopar en diversas webs... Pero xa que estades... Non vaiades ata El Rellano... Laughing

O Guiñol, desmadre á americana

O Guiñol, desmadre á americana

 Clica aquí para descarga-lo vídeo

A continuación cólgovos un vídeo do programa de Canal Plus, As noticias do Guiñol, no cal, vemos como se toman o Trío das Azores as resolucións da ONU e os mitíns oportunos que deben dar ó resto da poboación para explica-los motivos da guerra... pouco máis hai que dicir destes simpáticos personaxes, con máis de dez anos de historia...

 

Quiere hacer ahora el puñetero favor de largarse de una vez?

Quiere hacer ahora el puñetero favor de largarse de una vez?

Aquí tedes ó EXPRESIDENTE alteradísimo, non se sabe moi ben porqué... Descarga!

Un cámara de Antena 3 arriscou o seu pescozo dando á luz a través de Internet, un vídeo no que Don Manuel acaba moi furioso co seu asesor de imaxe... O daquela presidente tiña mal a chaqueta e iso podía perxudica-lo de maneira moi grave... Nin sorriso de Jack Nickholson, nin destello na calva do Photoshop... O presidente chégalle con quedar mal diante de todo o país... Andresinho ofrécevos este vídeo... Ademais desta páxina, podédelo atopar en diversas webs... Pero xa que estades... Non vaiades ata El Rellano... Laughing

Os crímenes de Florida... eche unha risa?

Os crímenes de Florida... eche unha risa? No estado de Florida acontencen os crímenes máis estranos que un se poida imaxinar... Por exemplo, un crime que preocupou e moito ás autoridades deste estado foi o do nudista asaltador de ancianas, que as acosaba sexualmente dunha forma moi particular. Ó parecer, este acosador, entraba nas casas das mulleres de máis avanzada idade, espido e co cabelo recollido, segundo as descricións das asaltadas, levantaba as sabas e, o pé da cama, facía cóxegas ás ancianas coas mans ou tamén cunha pluma. No momento no que as ancianas espertaban, o individuo escapaba a correr.

Outro criminal deste estado era o chamado "coleccionista de bragas". Este home, adícabase a agacharse nos aparcadoiros dos supermercados. O seu delito consistía en deixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por eldeixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por el. A policiá detívoo recentemente. O coleccionista chamábase Nicholas Koger, e levaba máis de cinco anos cos seus crimes...

Isto pasa só nos Estados Unidos? Espero que si, e por outra parte, moito non me estrana...